28 nov 2012

Hoxe aprendemos galego cunha "nube de palabras", pero botamos en falta unha familia léxica (irregular) e mais un "campo" semántico. Adiviña, adiviñanza: alguén se atreve? É doado...





(Imaxes tiradas de xornais de hoxe)
Por se non o sabías (TIC)

Wordle é coma un xoguete que xera "nubes de palabras" (word clouds) do texto que ti lle proporciones. As nubes dan maior importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto de orixe. Podes axustar as túas nubes con diferentes fontes, deseños e combinacións de cores. As imaxes que fagas con Wordle pódelas utilizar como queiras. Pódelas imprimir ou gardar na galería Wordle para compartir con quen che dea a gana.

Para ir á aplicación > Wordle - Beautiful Word Clouds / http://www.wordle.net/
Alternativa semellente: ABCya.com >  http://www.abcya.com/word_clouds.htm

7 nov 2012

Certame de Tarxetas do Nadal


1) As tarxetas han ser debuxadas ou feitas a man, e nelas deberán figurar mensaxes referidas a estas datas (Nadal e Aninovo) escritas en lingua galega.
2) Os traballos terán que ser inéditos.
3) Valorarase a orixinalidade das mensaxes e do deseño.
4) O tamaño da tarxeta irá desde 21 x 15 centímetros (metade do DIN A4) ata o formato do DIN A4 (no caso de seren traballos de grupo).
5) Pódense entregar na Conserxaría do Centro ou ao profesorado do Departamento de Galego, escribindo o nome e curso-grupo do autor/a na parte posterior da tarxeta ou cartolina.
6) Todas as tarxetas participantes exporanse nunha mostra á entrada do Centro ou no corredor da planta baixa nos días previos ás vacacións de Nadal.
7) O xurado estará composto polo profesorado de Galego, Debuxo, membros do EDLG e Dirección do IES As Mercedes.
8) Concederanse un primeiro e un segundo premios (agasallo e diploma) para os mellores traballos das seguintes categorías:
- ESO.
- BAC/CICLOS FP.
9) O prazo de presentación das tarxetas remata o día 10 de decembro de 2012,
luns, ás 14,10 horas.
10) O veredicto do xurado será inapelable, podendo deixar algún premio deserto se considera que os traballos non acadan unha calidade mínima aceptable.

* O acto de entrega de premios terá lugar o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.

1 nov 2012

Exposición de cabazas no IES o 31 de outubro / Samaín 2012

Concurso de cabazas SAMAÍN-2012 IES As Mercedes on PhotoPeach


Noraboa aos participantes nesta exposición (alumnado e familias) 
polo traballo tan fermoso que fixeron.
Todas merecían algún premio. Grazas e parabens!