17 de Maio. Día das LETRAS GALEGAS.


Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia
a través da súa manifestación literaria.

Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario
da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega".

Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).

Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.


Autores homenaxeados desde 1963 ata hoxe.

1963 Rosalía de Castro
• 1964 Castelao
• 1965 Eduardo Pondal
• 1966 Francisco Añon Paz
• 1967 Manuel Curros Enríquez
• 1968 Florentino López Cuevillas
• 1969 Antonio Noriega Varela
• 1970 Marcial Valladares Núñez
• 1971 Gonzalo López Abente
• 1972 Valentín Lamas Carvajal
• 1973 Manuel Lago González
• 1974 Xoán V. Viqueira Cortón
• 1975 Xoán Manuel Pintos Villar
• 1976 Ramón Cabanillas
• 1977 Antón Vilar Ponte
• 1978 Antonio López Ferreiro
• 1979 Manuel Antonio
• 1980 Afonso X o Sabio
• 1981 Vicente Risco
• 1982 Luis Amado Carballo
• 1983 Manuel Leiras Pulpeiro
• 1984 Armando Cotarelo Valledor
• 1985 Antón Lousada Diéguez
• 1986 Aquilino Iglesia Alvariño
• 1987 Francisca Herrera Garrido
• 1988 Ramón Otero Pedrayo
• 1989 Celso Emilio Ferreiro  [Poemas musicados]
• 1990 Luis Pimentel
• 1991 Álvaro Cunqueiro
• 1992 Fermín Bouza-Brey
• 1993 Eduardo Blanco Amor
• 1994 Luis Seoane
• 1995 Rafael Dieste
• 1996 Xesús Ferro Couselo
• 1997 Ánxel Fole
• 1998 Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho (autores de cantigas medievais)
• 1999 Roberto Blanco Torres
• 2000 Manuel Murguía
• 2001 Eladio Rodríguez
• 2002 Frei Martín Sarmiento
• 2003 Antón Avilés de Taramancos
• 2004 Xaquín Lorenzo
• 2005 Lorenzo Varela
• 2006 Manuel Lugrís Freire
• 2007 María Mariño Carou
• 2008 Xosé María Álvarez Blázquez
• 2009 Ramón Piñeiro López
• 2010 Uxío Novoneyra
• 2011 Lois Pereiro
2012 Valentín Paz Andrade   Tamén en > Valentín Paz-Andrade

A historia, os autores homenaxeados, aspectos xenéricos sobre o galego...
...están permanentemente ó seu dispor neste portal específico

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario