Que é un EDLG/ENDL?

É un órgano consultivo e dinamizador dos centros de ensino para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por mestres/as e profesores/as dos distintos niveis, por alumnos/as (cando a idade o permite) e por representantes do persoal non docente.Un membro do profesorado actúa de coordinador.

Cada equipo concreto establece o seu funcionamento e a súa organización en concordancia co que dispoña o regulamento orgánico do seu centro. Lexislación vixente (Decreto 124/2007)

A súa función primordial é conseguir que os alumnos/as poidan chegar a ser competentes na lingua galega e usala digna e normalmente.



> http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=equip_quee.php

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario